Cartorce municipios reciben axudas para animación á lectura

a voz FERROL

FERROL

CESAR TOIMIL

A Xunta distribuirá máis de 15.000 euros para actividades das bibliotecas

20 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta colaborará coas actividades de dinamización á lectura que organizan as bibliotecas de 14 municipios da comarca. En conxunto, estes centros recibirán uns 15.000 euros destinados a financiar propostas de animación dentro do programa Ler conta moito. Beneficiaranse Ferrol, Narón, Fene, As Pontes, Pontedeume, Ares, A Capela, Cedeira, Ortigueira, Cariño, Mugardos, Neda, Moeche e San Sadurniño.