3.000 anos de historia

FERROL

CEDIDA

Unha exposición comisariada por Xosé Lois Armada

19 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A mostra, Cinco vidas, unha historia, inaugurada onte na sala de exposicións do compostelán Pazo de Fonseca e comisariada polo investigador cariñés, Xosé Lois Armada, profunda na metalurgia da Idade do Bronce a través dunha exposición con pezas elaboradas fai tres mil anos. Trátase de 22 pezas metálicas, na súa maioría feitas de bronce, pertencentes á colección arqueolóxica da USC e achadas en diversos lugares das provincias da Coruña, Lugo e Ourense. A mostra, que poderá ser visitada ata o 1 de Setembro, recolle o froito dos traballos de investigación e restauración nos que participou un equipo de expertos dirixido por Armada que é investigador Ramón e Cajal do Instituto de Ciencias do Patrimonio. Na actualidade, as investigacións lideradas desde o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC permitiron reconstruír esta apaixonante historia e mostran que, tres milenios despois, estes obxectos teñen aínda moito que contarnos