Novo convenio de Abanca co grupo Golfo Ártabro Norte para o sector pesqueiro

La Voz FERROL

FERROL

CEDIDA

O acordo permitirá a profesionais de oito municipios da comarca acollerse a mellores condicións de financiamento e produtos bancarios específicos

08 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Abanca e o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp) Golfo Ártabro Norte subscribiron un novo convenio para facilitar financiamento aos seus membros. O acordo incide na reactivación económica a través do crédito. E os profesionais deste grupo poderán optar a condicións melloradas na contratación de produtos, como pólizas, préstamos ou outros a medida do sector, como a hipoteca naval, para financiar buques e embarcacións vinculadas á súa actividade, ou seguros.

Dez municipios da comarca intégranse neste grupo, oito delas da comarca: Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Pontedeume, aos que se suman os de Miño e Paderne.