1994: Cando Meirás foi Chile por obra e graza de Polanski

La Voz FERROL

FERROL

CEDIDA

O famoso director de cine rodaba hai 25 anos en Valdoviño «A morte e a doncela»

30 may 2019 . Actualizado ás 10:55 h.

Hai 25 anos, a maxia do cine obrou o milagre en Meirás. Os seus cantís transformáronse como por arte de birlibirloque nun pedazo da costa de Chile da man do director Román Polanski, quen puxo os seus ollos no municipio de Valdoviño para rodar a súa película A morte e a doncela.

O famoso realizador chegou á comarca en abril de 1994 en busca de ceos encapotados e marchouse en maio dese mesmo ano sen coñecer a bruma galega nin as súas nubes. Aquela primavera foi inusitadamente anticiclónica, cando o que o guion pedía era mal tempo, pero o problema emendouse grazas aos bombeiros de Ferrol, que conseguiron simular a choiva.

A película narraba o encontro entre unha vítima da ditadura de Pinochet e o seu antigo torturador, dous papeis interpretados por Sigourney Weaber e Ben Kigsley, quen durante a súa estancia na comarca tiveron tempo de gozar da paisaxe e ata de probar saborosos percebes.