Que propoñen os candidatos á alcaldía de Narón?

J. Corral FERROL

FERROL

Pazo da Cultura de Narón
Pazo dá Cultura de Narón JOSÉ PARDO

Entrevistas e datos do municipio

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O tripartito, integrado por TEGA, PSOE e BNG gobernou sen sobresaltos durante todo o mandato. (TEGA: 10 edís; PSOE: 2/ BNG: 2; PP: 5 / EU: 1 / ENE: 1)

Foi un mandato con continuísmo no que a lexislatura estivo marcada pola retirada do rexedor José Manuel Blanco , cuxo testemuña recolleu Marián Ferreiro, que pasará á historia como a primeira alcaldesa de Narón.

Demografía

Estancamento. Tras un crecemento espectacular, as cifras de poboación da cidade hanse estabilizado. A marca dos 40.000 veciños resísteselle, pero mantense por amais dos 39.000.

Débeda cero

A xestión económica tivo varios fitos. Durante o último bienio acadouse a débeda bancaria cero (hai outras débedas) e aprobáronse os orzamentos máis altos da historia.

Obras agardadas

A lexislatura conclúe co arranque das obras do novo centro de saúde de Narón e con proxectos encarrilados como a rehabilitación do muíño de Xuvia.