Catabois engalana as súas rúas de flores e festa para as súas Maios

La Voz FERROL

FERROL

JOSE PARDO

Haberá mercado de artesanía e oportunidades na rúa

22 may 2019 . Actualizado ás 23:04 h.

A estrada de Catabois converterase o sábado nun espazo de festa repleto de flores. Os veciños volverán engalanar os seus balcóns e tamén as súas rúas no marco da oitava edición da festa dos Maios.

A asociación de veciños de San Pablo é unha das colaboradoras dunha celebración que o sábado tamén ofrecerá unha feira de artesanía e segunda man na rúa. A asociación de comerciantes Boto Catabois promove unha actividade que comeza ás oito da mañá e remata ás oito da tarde. En toda a avenida haberá postos de artigos para todos os gustos. As persoas interesadas aínda poden participar vendendo as cousas que non usan, aínda que deben comunicalo á asociación. Agarimo de Catabois amenizará pola mañá e a asociación Picos do Sons e Fernando Pujalte organiza xogos para nenos.