A aplicación Liña Verde permite resolver 800 incidencias nas Pontes

La Voz AS PONTES

FERROL

M.M.D.

O 26,6 % dos avisos refírense ao estado de beirarrúas

24 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A aplicación Liña Verde (accesible para móbiles con sistema operativo Android ou iOS) permitiu trasladar ao goberno local 896 incidencias desde a súa posta en marcha, hai un ano. O executivo asegura que o 90 % dos problemas notificados xa foron resoltos, o 2 % están en proceso e o resto corresponden a infraccións de tráfico ou asuntos relacionados con servizos sociais, que non encaixan no previsto neste servizo.

O 26,6 % dos avisos refírense ao estado de beirarrúas, vías ou sinalización; o 15,5 % a fallos no saneamento, a iluminación ou o abastecemento de auga; e o 11,5 %, á limpeza das rúas e a recollida de residuos. Tamén preocupan os parques e os xardíns ou o mobiliario urbano. O goberno local valora «a excelente acollida veciñal» de Liña Verde, unha aplicación que se descarga de modo gratuíto.