O CEIP fenés A Xunqueira, de San Valentín, celebra a Semana da Prensa

La Voz

FERROL

CESAR TOIMIL

Alumnos do centro participaron nun coloquio con Ramón Loureiro sobre a importancia do xornalismo na sociedade actual

22 mares 2019 . Actualizado ás 22:54 h.

O CEIP A Xunqueira, de San Valentín, celebra a Semana da Prensa con todo tipo de actividades. No marco do programa Prensa Escola, alumnos do centro fenés participaron nun coloquio co xornalista de La Voz e escritor Ramón Loureiro, Premio Julio Camba de Xornalismo. Un coloquio no que conversaron sobre cuestións como a importancia da información de calidade na sociedade actual, o papel que xogan os xornais nunha sociedade informada e as estratexias para facer fronte á difusión de noticias falsas na Rede.