A Deputación promociona o proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal en Barcelona

LA VOZ CARIÑO

FERROL

CEDIDA

O deputado Xosé Regueira participa na feira turística B-Travel e un autobús mostra imaxes da comarca polas rúas da cidade condal

21 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O deputado provincial de Turismo, Xosé Regueira, promocionará o proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal na feira B-Travel de Barcelona. Un autobús rotulado con imaxes dos municipios implicados nesta iniciativa e no que se proxecta o vídeo Coruña like percorrerá as rúas da cidade condal ata o domingo, día 24. Entre outras accións, o doutor en Xeoloxía Francisco Canosa, un dos promotores deste proxecto, participará nas xornadas profesionais programadas para o venres, cun relatorio titulado O xeoturismo en Galiza, unha maneira diferente de ver a paisaxe. Regueira resalta que a feira B-Travel «é un dos principais eventos do sector turístico».