O Racing sumaba un novo punto no campo do Cádiz en febreiro de 1969

La Voz

OPA RACING

RACING DE FERROL

Os ferroláns ocupaban o segundo lugar da clasificación xeral da liga

18 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Fai hoxe exactamente cincuenta anos, o día 18 de febreiro de 1969, La Voz informaba do excelente refacho do Racing de Ferrol, que continuaba sumando puntos na liga tras lograr un empate no campo do Cádiz, no estadio Ramón de Carranza. Polo Racing xogaron Zumalave, Carlos, Arturo, Noriega, Pascual, Aurre, Gringo, Igartúa, Germán (o autor do gol), Roberto e Arroyo. Mentres que o Cádiz aliñaba a Mesa-Cruz, López, Moreno, Soriano, Ortega, Tucho, Mendoza, Acedo, Santiago, Ricardo e Zacarino. Tras o encontro, os técnicos de ambos os conxuntos coincidián á hora de sinala como un resultado xusto o empate a un gol sobre o terreo de xogo.

O caso é que o Racing de Ferrol levaba xa dezaseis partidos sen perder, ocupaba o segundo lugar na clasificación ligueira e comezaba a soñar co ascenso de categoría.

Entre as anécdotas, cabe subliñar o feito de que, a pesar de disputarse o partido en Cádiz, o Racing contou con moitos seguidores animándoo desde as bancadas: eran os tempos do servizo militar, e un gran número de mariñeiros da Armada destinados naquela zona desprazáronse ao Ramón de Carranza para ver empatar ante o Cádiz ao seu equipo preferido.