Conquistando polo padal desde Pontedeume

O trajín de Antonio Díaz, de Andarubel


Ferrol

Aínda que a súa vida é un non parar, Antonio Díaz está feliz de como lle van as cousas. O responsable do restaurante Andarubel Fragas do Eume está en Madrid esta semana impartindo unha masterclass. Pero é que a pasada semana se fixo cargo do restaurante da caseta de Boaga, a Federación Galega de Razas Autóctonas, que estivo presente no Xantar e que recibiu un premio por ser o mellor no certame ourensán. El e o seu equipo do Andarubel encargáronse da cociña e o servizo. Deseñaron, cociñaron e serviron no restaurante montado na feira. Cóntanos Antonio que durante os cinco días de Xantar ofreceron nove servizos de comedor tanto ao mediodía como de noite. Todo isto chega tras moitos anos colaborando con Boaga en diversos eventos. En Xantar é o segundo ano consecutivo no que son galardoados. Pero tamén colaboran en Salimat, na Semana Verde de Silleda, alí montan coa Federación de Razas Autóctonas o Tapirazas un restaurante de tapas coa mellor materia prima. E ademais seguen ofrecéndonos unha completa carta no restaurante de Pontedeume onde traballan a carne cachena, a galiña de Mos, o porco celta, a ovella e a cabra galega. A maiores, desde hai dous anos viaxan cunha Foodtruck coa que promocionando o produto autóctono en forma de hamburguesas de raza Cachena en festas gastronómicas e festivais.

Coñece a nosa newsletter con toda a actualidade de Ferrol

Creamos para ti unha selección de noticias da cidade e a súa área metropolitana para que as recibas no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
2 votos
Comentarios

Conquistando polo padal desde Pontedeume