A factura de Sogama redúcese un 14 % polo aumento da reciclaxe

LA VOZ MOECHE

FERROL

CEDIDA

O concelleiro de Medio Ambiente atribúe a mellora á maior concienciación veciñal e ao incremento dos colectores

06 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A reciclaxe de papel, que se duplicou desde 2014, e o de vidro, que se multiplicou por tres, permitiu reducir a factura que o Concello abona a Sogama polo tratamento dos residuos nun 13,8 %, pasando de 30.126 euros en 2014 a 25.973 en 2018.

O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Pedreira, atribúe esta mellora ambiental e económica á maior concienciación entre os veciños e ao incremento dos colectores de vidro e papel. «Son bos datos, nos que aínda hai marxe de mellora», sostén o edil do BNG.