Fene retoma a redacción do seu Plan Xeral de Urbanismo

La Voz FENE

FERROL

JOSÉ PARDO

Os traballos iniciáronse o pasado mes de novembro

23 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Fene acaba de reactivar o proceso de elaboración do Plan de Urbanismo do municipio co obxectivo de adaptalo á nova Lei do Solo de Galicia, algo que, segundo apunta o edil responsable da área, permitirá un crecemento «máis ordeado, racional e dinámico» da localidade.

O proceso de redacción do PXOM iniciouse en 2010 e viuse afectado pola aprobación da citada lei autonómica, que «obrigou a ralentizar os traballos durante o pasado mandato coa vista posta nas novas directrices que establecía a normativa». Un atraso que, segundo sostén o bipartito fenés, que se viu agravado pola «paralización» derivada da falta de interese do anterior executivo local.

Agora retómase o proxecto, readaptando os prazos e autorizando o pagamento das contías pendentes ao equipo de redacción por traballos previos.