Muras solicita a Medio Ambiente que rexenere a zona de Morouzos e alongue a senda de Espasante

LA VOZ ORTIGUEIRA

FERROL

I. F.

Asegura que Portos «non tramitou ningunha autorización para a obra de dragado do porto de Espasante diante de Costas»

17 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A rexeneración da contorna da praia de Morouzos -«parte do paseo de madeira está en malas condicións e as árbores atópanse moi descoidadas»- e a continuidade da senda peonil de Espasante ata o porto son dúas das actuacións para as que o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, solicitou financiamento ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán. O rexedor saíu moi satisfeito da reunión, sen que se concretasen posibles investimentos nin prazos.

O «non» dragado de Espasante

Morán confirmou, doutra banda, que Portos de Galicia «non tramitou ningunha autorización para a obra de dragado do porto de Espasante diante de Costas [que non ve problema para executalo]». Ante isto, Muras critica ao PP local, «porque non hai nada iniciado e non van facer crer aos veciños que se vai executar, cerca das eleccións».