Unha nai denuncia á Xunta por non escolarizar ao seu fillo no centro que lle permite conciliar

A voz FERROL

FERROL

JOSE PARDO

Esixe que a administración cumpra a lexislación

21 sep 2018 . Actualizado ás 07:52 h.

Liliana Queijo é unha nai que cría soa ao seu fillo de nove anos e que vai cambiando a quenda de traballo en función das necesidades do pequeno. Asegura que precisamente por iso pediu o cambio de centro escolar a principios de setembro: «O da Laxe é o que se axusta, pero non entendo por que mo negan e non me dan razóns», contaba onte pouco despois de ter unha reunión tensa coa inspección educativa que leva o seu caso.

Esta ferrolá esixe que a administración cumpra a lexislación e facilítelle o centro que lle permite conciliar.

Pola súa banda, fontes da Consellería de Educación consultadas por La Voz apuntaron que están estudando o caso e que se buscará unha solución.