Quedan prazas nos ciclos de FP dual e o prazo remata o mércores

La Voz FERROL

FERROL

10 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Aínda quedan vacantes nalgún dos cinco ciclos de FP dual que ofrece o CIFP Ferrolterra, nos que os alumnos se forman boa parte do curso nas empresas. No de deseño e amueblamiento de barcos (en colaboración con Cándido Hermida) quedan sete; dous en produción de calor (con Gas Natural) e outras dúas en deseño de fabricación mecánica (con Navantia). Nestes casos o prazo é ata que se cubran e márcao en boa medida a empresa.

Ademais, quedan prazas no resto de especialidades, aínda que esta adxudicación remata o vindeiro mércores, día 12. En calquera caso durante todo o mes e en outubro seguirán ofertándose os espazos libres nas aulas.