Tres actuacións na Mostra do Teatro galego

Ferrol LA VOZ

FERROL

DANI GESTOSO

Espectáculo para os máis pequenos en Cariño

15 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • ?Ás 12.00 horas

O auditorio municipal acolle o espectáculo infantil Planeta Ardora, ao prezo dun euro. Ás 20.30 horas comezará a representación teatral Lullaby, un espectáculo interactivo na praza Roxa, que ademais será gratuíto. Ás 22.25 horas, o auditorio acolle o exercicio espiritual de Mofa e Befa. Os cómicos farán gala da súa filosofía, baseada en que todos os problemas teñen solución ou se inventa unha. O prezo será de cinco euros.