Polbo á mugardesa na festa gastronómica da vila

Ferrol LA VOZ

FERROL

ESTEVO BARROS

Os grupos Mekanika e Kilomberos amenizarán a xornada

14 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 13.00 horas • 10 euros a ración de polbo, 2 euros a ración de empanada • Carpa instalada na Praza da Constitución • A vila mugardesa celebrará a popular festa repartindo 1.500 quilos do cefalópodo, distribuídos en máis de 3.000 racións de polbo e outras tantas de empanada. A celebración empezará ás 12.00 horas coa compaña Catropés, formada por Ánxela Blanco e Vanessa Rivas, que levarán polo peirao o seu espectáculo Animacreques, destinado ao público infantil. A esa mesma hora, os asistentes á festa poderán adquirir os billetes nas tres despachos de billetes habilitados ao lado da carpa de degustación, na praza da Constitución.

Ás 13.00 horas poderase comezar a gozar das racións de polbo por 10 euros cada unha e de empanada por 2 euros, que se acompañarán de pan e viño.

Grupos como Mekanika e Kilomberos amenizarán a xornada. O broche final levarao a cabo o grupo Claxxon ás 22.30 horas.