A arquitectura de Alejandro da Sota aterra en Amboage

La Voz FERROL

FERROL

JOSE PARDO

A mostra está composta por oito prismas, cada un dun tema sobre o arquitecto

09 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) inaugura este luns a exposición Alejandro da Sota, 1913-1996, co gallo dos actos de homenaxe ao arquitecto que se están celebrando durante este ano, en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes.

Os paneis empezaron a crecer á primeira hora do domingo de lado a lado da praza de Amboage. Alí permanecerán ata o 22 de xullo. É unha mostra concibida para que os cidadáns a poidan visitar e percorrer de forma pausada. Con ela descóbrense as obras de Alejandro da Sota e o seu pensamento arquitectónico, con fondos documentais da fundación que leva o seu nome.

A exposición está composta por oito prismas, cada un dun tema: Presentación, Espazos para habitar, Espazos para a industria, Espazos para ou deporte, Ideario (un ideograma coas súas reflexións), Espazos civís, Espazos para a docencia e Mobiliario (con pezas).