Formoso pon en valor o traballo dos emigrantes da comarca

J. C. M. FERROL / LA VOZ

FERROL

cedida

Destaca en Montevideo o seu «incansable espírito emprendedor»

05 jul 2018 . Actualizado ás 09:55 h.

Unha visita nos arredores de Montevideo á sede central das adegas Bouza, unha empresa de produción vinícola fundada hai máis de dúas décadas polo veterano empresario pontés Juan Bouza, puxo onte o colofón á viaxe oficial do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, a Arxentina e Uruguai.

Durante o percorrido polas instalacións, onde tivo ocasión de coñecer o proceso de elaboración dos viños, González Formoso destacou que Bouza «é un claro exemplo do incansable espírito emprendedor dos coruñeses». O pontés foi un dos miles de galegos que emigraron, e que prosperou creando unha fábrica de pasta e, agora, con 91 anos, dedícase á produción vitivinícola cunha empresa familiar. Durante a súa estancia en Latinoamérica, González reuniuse con emigrantes, empresarios e autoridades locais.