Nova campaña para potenciar a reciclaxe de vidro na hostalería

L A voz LA VOZ/ FERROL

FERROL

JOSÉ PARDO

Beneficiaranse un total de 150 negocios da cidade

23 mares 2018 . Actualizado ás 10:22 h.

Concello e Ecovidrio inician unha campaña para mellorar os datos de reciclaxe no sector hostaleiro local. Un total de 150 establecementos recibirán a visita de técnicos para coñecer de primeira man as súas necesidades e adecuar os recursos dispoñibles. Despois instalaranse novos puntos de reciclaxe e entregaranse aos negocios cubos con rodas para facilitar a separación, almacenamento e traslado.