Máis de cen presentas no vídeo fórum sobre deporte feminino

LA VOZ ORTIGUEIRA

FERROL

CEDIDA

O concelleiro Anxo Lozano criticou a desigualdade e clamou contras as barreiras de xénero

10 mares 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Os alumnos do IES e outros membros da comunidade educativa asistiron ao vídeo fórum sobre deporte feminino celebrado onte no Teatro de Beneficencia, dentro do programa Conquista vos Elementos, da área de Igualdade da Deputación. O alcalde, Juan P. Muras, apelou aos mozos, «con poder para corrixir os erros cometidos en anteriores xeracións». E o edil de Deportes, Anxo Lozano, criticou a desigualdade de xénero no deporte, a actividade «máis transversal, pois contribúe ao desenvolvemento, a saúde e a calidade de vida [...]. É terrible que sigamos poñendo barreiras».