Alain Eizmendi ficha polo Llagostera

La Voz FERROL

FERROL

JOSE PARDO

O vasco estivo adestrando co que era xa o seu exequipo, o Racing, ata atopar novo destino

18 ene 2018 . Actualizado ás 21:23 h.

Uniuna Esportiva Llagostera-Costa Brava (Segunda B, Grupo 3) anunciou na tarde do xoves a fichaxe de Alain Eizmendi (Beasáin, Guipúzcoa, 27 anos), que foi dado de baixa no Racing a semana pasada. O vasco, no entanto, acudiu ás sesións de adestramento dos últimos días á Malata co fin de non perder a forma mentres buscaba novo destino.

Eizmendi incorporouse ao Racing no verán e disputou un total de 14 partidos, catro deles de titular, nos que marcou un gol contra o Rápido de Bouzas,

Os técnicos do Llagostera buscaban un xogador «contrastado, con experiencia e que achega máis forza ao ataque do equipo» e, por isto, explica a entidade na súa web, ficharon ao extremo ata final de tempada.