Queixas polas colas en urxencias do hospital Arquitecto Marcide

La Voz FERROL

FERROL

ANGEL MANSO

Pacientes critican a espera sen ser derivados a un cuarto

10 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Pacientes desta fin de semana do servizo de urxencias do hospital Arquitecto Marcide tiveron que aguantar longas horas de espera sen ser derivados. «Cheguei ás sete da mañá e aínda non me mandaron a un cuarto. E hai xente que leva moito máis tempo», detallou unha afectada que interpuxo reclamación.