Se reciclas en casa, por que non o fas no traballo?

La Voz REDACCIÓN

FAI GALICIA VERDE

Ecoembes traballa para facer sostibles os postos de traballo, pero tamén outro tipo de espazos como aeroportos, instalacións deportivas ou festivais

23 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Son os envoltorios da comida que moitas persoas levan á oficina ou o cartón que chega cos pedidos que cada día se reciben do comercio electrónico. Tamén os folios que rematan a xornada depositados en calquera papeleira. A separación de residuos forma parte xa dos hábitos dunha gran porcentaxe de españois, pero non tanto todos aqueles residuos que se xeran cada día lonxe do fogar.

Se todos eses envases rematan correctamente separados a nivel doméstico, porque non leva a cabo esa práctica en calquera outro lugar?.

Que se fai en casa?

No 2018, cada galego levou ao colector amarelo 11,7 quilos de envases. É un aumento do 11% con respecto ao ano anterior. A poboación cada vez recicla máis o que converte a Galicia en a comunidade que máis mellora á hora de reutilizar os envases que consome. Cada galego levou ao colector amarelo 11,7 quilogramos de envases. É dicir, un 11,4% máis que o ano anterior. 

No caso do colector azul foron 14,1 os quilos de papel e cartón que se depositaron: un 9,3% máis.

En tres de cada catro vivendas xa hai tres cubos diferentes para separar residudos. E non só isto: desde este 2019, na comunidade hai 3.600 colectores máis onde os veciños de pobos e cidades están depositando os seus envases lixeiros, papel e cartón. Isto implica que o 99,8 % dos galegos teñen acceso a esta recollida de envases. Tanto, que a comunidade é unha das poucas do país cuxa taxa de crecemento de reciclaxe está xa en dúas cifras.

Se a reciclaxe forma parte do día a día dos cidadáns, que sucede cando están fóra do seu domicilio?

Por que non lonxe de casa?

Ecoembes continúa co seu traballo de colaboración con institucións e organismos, tanto públicos como privados cun claro obxectivo: recuperar os envases domésticos que se xeran en diferentes espazos. Trátase de lugares tan transitados e cunha alta actividade como instalacións deportivas, aeroportos, recintos onde se celebran eventos ou mesmo os centros universitarios. Ecoembes busca pór a disposición dos cidadáns, tamén nestes escenarios, a posibilidade de xestionar os seus residuos de forma responsable e sostible.

Parte do traballo de Ecoembes ten xa como obxectivo os espazos de traballo. Para axudar a cada empresa, o equipo de Recollidas Selectivas Fose do Fogar traballa man a man coas organizacións. 

O primeiro paso consiste en identificar aqueles lugares nos que se xera un alto volume de residuos. Despois, este equipo realiza un estudo para detectar as necesidades da instalación e cantos puntos de reciclaxe deben instalarse nas mesmas. Tamén se ten en conta a planta de selección de envases á que haberá que enviar os residuos que se recollan.

Este equipo conseguiu recuperar uns 230.000 toneladas de residuos de envases ao ano nos distintos puntos de reciclaxe, amarelos e azuis, en todo o país.  

De centro de traballo, a CTS

Todo isto se traduce no día a día de empresas privadas e institucións públicas cun nome: Centros de Traballo Sostibles (CTS). Estes espazos son cada unha das empresas que implantaron un sistema de recollida para os seus envases e que, con iso, conseguiron un alto nivel de sustentabilidade.

O equipo de Ecoembes informa e forma en sensibilidade ambiental a todas aquelas persoas implicadas neste proxecto, ademais de facilitar que cada persoa poida reciclar os seus envases estea onde estea. 

Unhas sinxelas medidas que fomentan a conciencia ambiental, que reducen as taxas de verteduras das compañas e que, mesmo, crean postos de traballo. Así se une intención, información e ter os puntos de reciclaxe necesarios e complementarios aos que xa hai nas rúas.

Unha iniciativa que é practicamente exportable a calquera escenario: desde instalacións deportivas ou parques temáticos, ata aeroportos. O obxectivo é que os cidadáns poidan ter papeleiras onde tirar os residuos de forma separada estea onde estean.

Ecoembes xa realizou campañas en Galicia para fomentar a reciclaxe en estadios como o do Celta de Vigo ou o Deportivo da Coruña.

Desde o ano 2009 esta entidade colabora ademais con diversos festivais de música para implantar ou mellorar os seus sistemas de recollida selectiva de residuos de envase lixeiro, papel e cartón. Os puntos de reciclaxe instálanse nos recintos e nas barras, ademais de dar formación ao persoal para que coñezan as claves para separar de forma correcta os residuos.

E non só iso: o equipo de Recollidas Selectivas Fose do Fogar traballa con proxectos como, por exemplo, Zero Cabin Waste, para reciclar os envases dos avións. Tamén coa Fundación Ecoalf en Upcycling the Oceans, unha colaboración nunha trintena de portos pesqueiros que busca recuperar e darlles outra vida aos residuos abandonados no mar.

Como mellora o medio ambiente?

No ano 2018 recicláronse en España máis de 1,4 millóns toneladas de envases. Un gran número acadado grazas a pequenos xestos. Este nivel de reciclaxe evitou que 1,6 millóns de toneladas de CO2 chegasen á atmosfera ou que se aforrasen 20 millóns de metros cúbicos de auga.

Esta actividade de Ecoembes repercute ademais na sociedade creando máis de 42.000 postos de traballo, 9.400 deles directos. Tamén supón un importante impacto económico: cada euro investido por Ecoembes xera actividade na economía española por un valor de 2,8 millóns de euros.

Azul e amarelo

Aqueles espazos de traballo que se apunten a ser Centros de Traballo Sostibles terán á súa disposición os puntos de separación necesarios para facer unha correcta xestión dos seus residuos. 

É dicir, colectores amarelos -onde deben ir envases metálicos, briks e envases de plástico- e colectores azuis -nos que deben depositarse envasesa de papel e cartón-.