Pódese comunicar mellor sobre o cambio climático

La Voz SANTIAGO

FAI GALICIA VERDE

SANDRA ALONSO

Climathon Galicia reúne hoxe en Compostela a máis de cen presentas dispostas a achegar ideas sobre como facer que a mensaxe chegue máis e mellor ao público

28 oct 2019 . Actualizado ás 11:45 h.

«Trátase de sacudir os ánimos para ofrecer solucións concretas». O resumo que fai a directora xeral de Calidade Ambiental, Cruz Ferreira, sobre o encendidísimo debate, non exento de momentos de tensión, que se está dando en Santiago ao redor de como comunicar mellor sobre medio ambiente e especialmente de cambio climático. Galicia participa por terceiro ano consecutivo no Climathon, unha cita global (que hoxe se está desenvolvendo en 122 cidades) que ten como obxectivo propor solucións para o cambio climático e o quecemento global. Esta vez, a cuestión céntrase en como comunicar mellor, en como chegar ao público, especialmente aos mozos, porque as estatísticas, recoñece a directora xeral, demostran que hai un momento que a mocidade deixa de interesarse polo medio ambiente. A partir do lema «Cambienos nós e non o clima», a cita busca en xeral implicar á poboación na importancia dun cambio de hábitos cotián. 

Máis dun centenar de mentes, moitos do ámbito universitario, déronse cita en Compostela e, co asesoramento de persoal experto e apoio de talleres en grupo, charlas e debates con persoas expertas invitadas á xornada, deseñar solucións para o reto deste ano: comunicar máis e sobre todo, mellor. A linguaxe importa e por exemplo, tal e como se explicou durante o debate, utilizar quilómetro cadrado como medida de superficie queimada nun incendio fai máis sinxelo entender o alcalce do lume que usar hectárea. Que pasa coas iniciativas que se propoñen ao final do día? Pois que todas aquelas que son minimamente viables, a Xunta intentará desenvolvelas. As persoas que participan no Climathon, de todos os xeitos, votan a mellor idea de todas as que presentan

 «Démonos conta de que estamos facendo moitísimas cousas pero que moitas veces non sabemos comunicar. Así que o taller de hoxe estaba centrado con como comunicar o cambio climático». O panel de persoas expertas incluía a diversos xornalistas, entre eles Xavier Fonseca ou a Javier Valenzuela, Vicepresidente de APIA (asociación de Xornalistas de Información Ambiental) e tamén ao representante do movemento de Fridays for Future en Santiago, Kai LoisBaltrusch , así como a directora de comunicación de Signus, Isabel López-Rivadulla. «Ás veces parece que a mensaxe non cala onde ten que calar»m recoñece Ferreira, e noutras ocasións a comunicación céntrase demasiado nos aspectos negativos e non ofrece unha visión positiva. Un dato curioso que saíu durante a charla: que o recibo eléctrico inclúa unha estimación do consumo dos veciños contribúe a diminuír o gasto enerxético.