Emblema industrial de Galicia

Juan Torrón

MOTOR ON

O 10 de abril de 1958 fabricábase no porto de Vigo a primeira furgoneta Citroën AZU, á espera da construción da fábrica de Balaídos. Hoxe o centro PSA de Vigo cumpre 60 anos de historia.

19 oct 2018 . Actualizado ás 08:38 h.

Poucos podían presaxiar entón a importancia que a planta de Vigo ía ter no marco internacional da industria do automóbil. Os 60 anos cúmprense xusto nun ano no que as furgonetas ou mellor chamados vehículos industriais recollen a testemuña daquela primeira AZU co importante proxecto K9. Coa fabricación dos modelos Rifter, Berlingo e Combo, a planta viguesa continúa coa saga de vehículos comerciais made in Galicia. E é que antes se fabricaron modelos como a furgoneta 2 CV, o AYU, a C15 e os anteriores Berlingo e Partner. Sen esquecernos dos turismos e dese ZX que en 1991 supuxo un dos grandes lanzamentos da fábrica, xa que se incremento a produción anual en 100.000 unidades en só dous anos. A piques de entrar no ano 2000, Vigo empezou a producir o Citroën Xsara Picasso, un vehículo que marcou un antes e un despois no deseño de monovolumes compactos. Nesas datas o persoal incrementar ata os 10.000 empregados.

Neses anos a produción situouse nos 350.000 vehículos, situando a planta como a segunda máis importante do Grupo PSA, pero sendo unha importante referencia en materias de competitividade, tecnoloxía, calidade e sobre todo na capacidade de adaptación, tanto do espazo como do persoal.

A crise afectou a unha planta que vía que debía reducir a súa produción e penetrarse en novos proxectos para mercados como Rusia, Brasil, Magreb, Turquía e Oriente Medio fabricando produtos específicos como o C-Elyseé e o 301. A innovación tecnolóxica foi outro dos cabalos de batalla para enfrontarse ao parón económico. O centro de Vigo foi pioneiro na fabricación de vehículos sobre a revolucionaria plataforma modular EMP2, destinada a ser a base dos vehículos de segmentos medios e superiores de Groupe PSA. Grazas a ela gañar en eficiencia, respecto ao medio ambiente e comportamento na estrada. Ademais, permite a incorporación das funcións de conectividad e axuda á condución máis avanzadas, como as que equipan os Citroën C4 SpaceTourer e Grand C4 SpaceTourer.

A adxudicación da produción de novos modelos como os vehículos comerciais K9 ou o SUV compacto V20 é unha mostra da competitividade da fábrica e augura un futuro brillante que repercutirá na cidade. Groupe PSA aposta polo crecemento dun sector automobilístico baseado na innovación e a economía do coñecemento.

INDUSTRIA 4.0

Para a próxima década, o Centro PSA aposta por integrar plenamente nos seus procesos os novos conceptos de dixitalización e as últimas tecnoloxías, como a modelización 3D, a simulación de fluxo e de liña de produción, a xestión do Big Data ou a conectividad.