Desembarco alemán

Juan Torrón

MOTOR ON

Ante a ausencia dalgunhas marcas alemás, como Volkswagen, Opel ou Ford, BMW despregaba todo un arsenal de novidades: Serie 8, X5, Z4 e a sorpresa da Serie 3 completaban a «caseta» da marca.

14 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A marca bávara xa tiña moitas novidades anunciadas, pero de súpeto sorprendeu a todos presentando a sétima xeración do popular Serie 3. Un coche do que xa se venderon máis de 15 millóns de unidades en todo o mundo. Agora é mais longo e mais ancho e o seu novo deseño de frontal faino máis deportivo e musculoso. Este modelo chegará ao mercado español a mediados de marzo.

Mentres isto chega, a marca porá á venda dous modelos moi atractivos, o Roadster Z4, que tamén chegará en marzo só con motores de gasolina; e o seu buque insignia, o Serie 8, que atraía numerosas miradas ante un modelo cuxo prezo parte por amais dos 100.000 euros.

Xa no segmento recreacional, o X5 mostrábase como o SUV da gama que marcará as próximas tendencias de deseño, con eses riles de grandes dimensións que cambian o seu frontal para convertelo nun modelo actual e sobre todo moi atractivo fronte á competencia.

UN SERIE 8 QUE NACEU EN 1989

Foi o ano en que BMW estreo a súa Serie 8, e agora recupéraa cun atractivo cupé para demostrar que a deportividade non está rifada nin co deseño, nin cos acabados mais luxosos. O novo Serie 8 non pasaba desapercibido nunha «caseta» cargada de novidades.