Resposta inmediata

MOTOR ON

Despois de oito anos de desenvolvemento e numerosos contratempos, Suzuki presentou o ano pasado a nova GSX-R 1000 r. É o máis parecido a unha moto de Moto GP que podemos levar pola rúa, cunha mecánica, unhas prestacións e un son de ilusión.

15 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A GSX-R1000 R ten un deseño discreto e que oculta a besta que leva dentro. A nova versión é máis compacta grazas a un chasis máis lixeiro e un motor máis estreito que antes. O frontal chama a atención polo diminuto faro e as dúas tomas de aire aos lados. O carenado cumpre ben a súa función e se miramos detrás da pinza vemos un amortecedor de dirección que se controla electrónicamente. O voluminoso escape de titanio completa un conxunto impoñente e radical.

A posición aos mandos é claramente racing. O asento é unha táboa, os brazos apuntan cara abaixo e talvez a parte inferior do corpo é o menos forzado, xa que as pernas non van excesivamente atrasadas. Aos poucos quilómetros xa empezamos a notar como se cargan os ombros e as bonecas, pero non esquecemos que estamos ante unha moto de carreiras e non está pensada para viaxar con comodidade, senón para rodar da forma máis efectiva e segura posible.

Esta moto ten 202 cabalos e pesa 203 quilos en orde de marcha, así que a relación peso/ potencia é de 1 Kg/CV. Para facernos unha idea, os mellores deportivos do mundo, como o McLaren 675 LT, o Lamborghini Aventador ou o Porsche 911 GT Street R, con máis de 700 cabalos de potencia, non baixan dos 2 quilos por cabalo. Hai que ter a cabeza moi ben amoblada para manexar unha moto destas, aínda que Suzuki procurou que a resposta ao puño sexa inmediata pero lineal. O motor estira por amais das 14.000 revolucións e conta cun sistema de distribución variable que atrasa a apertura das válvulas para que sintamos a patada na zona máis alta.

Hai tres modos de condución e dez niveles do control de tracción, que tamén se pode desconectar, non así o ABS. O quickshifter permite subir e baixar de marcha sen tocar o embrague. A elasticidade do motor fai que poidamos REVISAR circular en sexta a só 30 kms/h.