Un coche eléctrico de peto

MOTOR ON

O Smart está considerado o coche urbano por excelencia e a súa versión eléctrica aínda o é máis. Ten autonomía suficiente para un día en cidade, compórtase na estrada como calquera coche e apárcase nun oco de menos de 3 metros.

15 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A carrocería do Smart eléctrico non difire do resto de modelos da gama, só un distintivo no alicerce posterior lémbranos que estamos ante un coche cento por cento eléctrico. No interior, as maiores diferenzas son a esfera situada sobre o cadro de mandos e a pantalla multimedia, que inclúen datos sobre a autonomía e o fluxo de enerxía. O porto de carga está situado nun lateral, non na grella.

Ten un motor de 82 cabalos co que acelera de 0 a 100 en 11,5 segundos. A resposta ao pedal é inmediata e propulsa ao coche de xeito lineal e sen brusquidades, coma se fose un escúter. A velocidade está limitada electrónicamente a 130 quilómetros por hora.

O comportamento en curva é tan bo como o das versións con motor de combustión, porque a suspensión é firme e o coche é ancho e suficientemente aplomado, pesa case 1.100 quilos. A principal limitación que ten é a autonomía, xa que a capacidade da batería non é moi grande. O dato oficial son 160 quilómetros, pero non normal é que non poidamos REVISAR percorrer máis de 120. Iso obríganos ser coidadosos coa condución, aproveitando os descensos para circular pisando o freo lixeiramente e así recargar algo de enerxía. Un botón xunto á panca permite elixir o modo económico, que aumenta o nivel de retención e reduce a velocidade máxima e o caudal do climatizador, para baixar aínda máis o consumo.

En contrapartida, o tempo de carga da batería é considerablemente menor: é posible recuperar o 80 % da súa capacidade en 6,5 horas se o enchufamos a unha toma doméstica e en 45 minutos nun Wallbox.

O Smart fortwo eléctrico está dispoñible a partir de 23.500 euros na súa versión básica. A edición especial Greenflash combina as cores negras e verde eléctrico e inclúe spoilers de deseño Bravus, do mesmo xeito que as lamias de 16 polgadas. Ademais, os asentos son de coiro, o freo de man ten un embellecedor de aluminio e os pedais e os listóns de limiar das portas son de aceiro inoxidable.