Tiger 1200, unha aventura sen fin

MOTOR ON

Máis de 80 anos leva triumph fabricando motocicletas da serie tiger, cuxos modelos máis avanzados son a 1200 XC e XR. Todas e cada unha das innovacións tecnolóxicas, melloras do motor e prestacións de calidade superior deseñáronse para axudar a ofrecer unha experiencia de condución perfecta.

17 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A nova gama Tiger 1200 de Triumph deu varios pasos de xigante con importantes melloras en enxeñería e tecnoloxía. O resultado é unha moto lista para a aventura, con aínda máis capacidade de resposta, que combina un goce pleno na estrada e unha confianza total fose dela. A característica silueta da 1200 reafírmase con novos detalles na carrocería e uns acabados da máxima calidade. Paul Stroud, director comercial de Triumph Motorcycles, explica que tardaron catro anos completos en desenvolvela e trátase sin duda das Tiger máis aventureiras que fabricamos».

Unha das claves é a considerable redución de peso, que acada a cifra de 10 quilogramos menos respecto da xeración anterior. Isto foi posible grazas a unha serie de melloras aplicadas no motor, o chasis e o sistema de escape que permitiron aumentar aínda máis a capacidade dinámica e de resposta de cada modelo, ademais de mellorar considerablemente a súa axilidade e maniobrabilidad.

O nivel de equipamento creceu e tanto os modelos XR como XC inclúen faros led adaptativos (aumentan a intensidade luminosa en función do ángulo de inclinación nas curvas); pantalla TFT en cor; mandos con retroiluminación; puños calefactados; o novo Quick-Shifter de Triumph, que permite subir e baixar de marcha sen accionar o embrague, ou arranque sen chave nos modelos tope de gama.

O motor, profundamente actualizado, segue sendo o de transmisión por cardán máis potente da súa categoría, cuns impresionantes 141 CV, e proporciona á Tiger 1200 unha resposta máis inmediata a baixas revolucións. Soborda de par e compleméntase co embrague asistido anti-rebote.

A estas actualizacións cabe engadir as melloras no sistema de escape, que mantén o inconfundible son tricilíndrico da Tiger e resulta máis lixeiro. As versións XC e a XRT levan un silenciador Arrow de titanio con final e suxeición en fibra de carbono.

Un novo composto do asento, o reposicionamiento do manillar e a xeometría actualizada do chasis melloran a ergonomía do piloto para gozar dunha posición de condución máis dominante e o confort máximo nas viaxes longas. Aínda que é unha moto que pode impor por tamaño ou peso, na práctica resulta moito máis manexable do que un pode imaxinar, xa que o asento de serie pódese axustar en dúas alturas e existe tamén un asento baixo opcional. E se aínda non é suficiente, a versión 1200 XRx Low, cunha configuración específica das suspensións e o propio asento, sitúa ao piloto a só 790 milímetros do chan. Calquera persoa pode solicitar unha proba de condución sen compromiso nos concesionarios Triumph de Galicia.

Por demais, a carga tecnolóxica desta moto é de ilusión: módulo de medición inercial (IMU), ABS e control de tracción optimizados para curva, asistente ao arranque en pendente, acelerador electrónico e ata seis modos de condución para adaptar a moto ao terreo con só pulsar un botón. A pantalla con axuste electrónico, os freos Brembo e as suspensións WP axustables coa tecnoloxía semiactiva de Triumph completan un conxunto ao que só falta cargar as maletas e o top box de aluminio para irnos ao cabo do mundo.