Última hora
Sánchez suspende su agenda para reflexionar si renuncia a la Presidencia tras la denuncia contra su esposa

A cotenadas entre Golf e Tiguan

MOTOR ON

Volkswagen lanzará en novembro este T-Roc, que é vinte e cinco centímetros máis pequeno que o Tiguan e tres menor que o Golf. Montará motores de gasolina ou diésel entre 115 e 190 cabalos e algunhas versións poderán equipar tracción 4motion e caixas de cambios DSG.

12 sep 2017 . Actualizado ás 08:49 h.

O T-Roc é a alternativa ao Audi Q2, que mesmo mide tres centímetros menos e cuxos prezos comezan nos 23.000 euros, polo que se Volkswagen quere ter éxito fronte á súa marca premium deberá situar o T-Roc ao redor dos 20.000 euros, aínda que a gama máis atractiva superará os 25.000.

O novo SUV de Volkswagen ofrece unha imaxe máis fresca e xuvenil que o Tiguan, sobre todo nas versións de teito bicolor. Con 4,23 metros de longo, destaca con todo pola súa gran anchura de 1,81 fronte a unha altura moi comedida de 1,57 metros, o que lle dá unha sensación de coche aplomado e dinámico.

Frontalmente destacan a ancha grella, que engarza cunhas ópticas dobres moi apaisadas. Só as versións altas levarán faros LED e a luz diúrna vai colocada por baixo dos faros.

A visión lateral está marcada por uns cromados que percorren a parte superior dos portelos, que por certo teñen unha caída do teito cara atrás que realzan o dinamismo do modelo. A traseira, con ópticas apaisadas, tamén resulta atractiva. 

No interior pódese elixir co cadro de instrumentos Active Info Display, totalmente dixitalizado, a máis diso unha pantalla central de 8 polgadas. Volkswagen apostou por incorporar cor tamén ao interior do coche, con revestimentos de taboleiro, consola e paneis de porta no mesmo cor da carrocería nalgúns equipamentos. Un aspecto que destaca no T-Roc é o da amplitude do maleteiro, de 445 litros, que se converte nun dos máis grandes da súa categoría.

MOTORES

Volkswagen simplificou moito a escala de motorizacións iniciais deste modelo, conformando tanto a gasolina como o diésel en tres niveles, con 115, 150 e 190 cabalos. Nas dúas potencias superiores de ambos os combustibles haberá versións 4Motion opcionais, así como caixa de cambios DSG de sete velocidades. Os motores de 115 cabalos quedan con tracción dianteira e caixa de cambios manual de seis marchas.

O nivel de equipamento articúlase tamén con sinxeleza. Haberá unha versión T-Roc básica e logo dous niveis superiores paralelos, o Style e o Sport. A versión básica xa dispón de front assist con freada de urxencia e detección de peóns, detector de carril, climatizador e lamias de 16 polgadas. 

Para os que queiran o T-Roc máis sofisticado, poden elixir suspensión adaptativa, dirección progresiva, portón traseiro eléctrico ou o teito deflector panorámico. O T-Roc chega ao segmento de SUV urbanos como rival do Audi Q2 e todos os demais modelos deste tamaño.