Si, o cerebro masculino envellece antes

Mar Torres

EXTRAVOZ OK

MARÍA PEDREDA

Un novo estudo ha comprobado que o cerebro dos homes envellece peor que o das mulleres, sobre todo a partir dos 80 anos. Para elas, este órgano vital madura antes pero deteriórase de forma máis lenta.

31 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Ees unha das conclusións do estudo realizado pola Universitat Politècnica de València (UPV), a Universitat de València (UV) e o Centro Nacional para a Investigación Científica de Francia(--CNRS, nas súas siglas en francés-).

 O traballo ofrece respostas ás preguntas como vai cambiando o cerebro ao longo da nosa vida, cales son os valores normais dos volumes das estruturas cerebrais ou se existen diferenzas no desenvolvemento do cerebro ao longo da vida entre homes e mulleres.

Un equipo de informáticos, neurólogos e biólogos destes tres centros desenvolveron un dos estudos máis exhaustivos realizados ata a data sobre o desenvolvemento do cerebro humano, por cantidade de casos analizados e rango de idades avaliado, xa que abarca desde que somos bebés ata a vellez, destacan as institucións académicas a través dun comunicado.

Nesta análise, constátanse tamén diferenzas existentes na evolución do cerebro dos homes e mulleres. Entre outros resultados, comprobaron como a velocidade á que se atrofia o cerebro é maior nos homes que nas mulleres e envellecen peor, sobre todo a partir dos 80 anos. Ademais, por norma xeral, o hipocampo -estrutura asociada á memoria-- adoita ter, de xeito relativo, un volume lixeiramente superior no caso das mulleres.

«Tamén vimos como o cerebro feminino chega ao seu pico de volume máis pronto que no dos homes, as súas estruturas cerebrais maduran antes», engade Enrique Lanuza, do Departamento de Bioloxía Celular, Bioloxía Funcional e Antropoloxía Física da Universitat de València. No caso da sustancia branca, gris e líquido cefalorraquídeo, non se advirten diferenzas relativas significativas entre uns e outros.

En total, analizaron 2944 imaxes de Resonancia Magnética de cerebros, de suxeitos sans con idades comprendidas entre os 9 meses e os 95 anos. De todos eles, 1379 eran de mulleres e 1565 de homes. As imaxes pertencen a bases de datos públicas de nove institucións europeas, americanas e australianas.

Os resultados permitiron obter os valores de normalidade de cada estrutura cerebral para unha idade e sexo determinados. Deste xeito, este traballo ofrece tamén unha ferramenta de gran valor para o diagnóstico de patoloxías neurolóxicas.

«Este estudo establece un marco de referencia; ante unha nova imaxe de RM, o profesional médico pode cotejarla e comprobar se os diferentes volumes están dentro da normalidade ou se, pola contra, detecta algún patrón asociado a unha enfermidade. Por exemplo, un volume inferior ao agardado do hipocampo implicaría un posible caso de Alzheimer», apunta José Vicente Manjón, investigador do Instituto ITACA da Universitat Politècnica de València.

Para levar a cabo este estudo, os investigadores utilizaron volBrain, software desenvolvido pola UPV e o CNRS en 2015 e que hoxe é xa unha ferramenta de referencia internacional para o estudo do cerebro e o avance da investigación en neuroimagen. Nos dous últimos anos, volBrain analizou máis de 51.000 cerebros e foi utilizado por máis de 700 universidades, hospitais e centros de investigación de todo o mundo.