A excelencia da cociña tradicional

X. Amador López

SABE BEN

SANDRA ALONSO

Ao longo máis de corenta e un anos de traxectoria ascendente avalan a oferta gastronómica do restaurante Terra Nosa, que na actualidade figura entre os mellores locais de cociña tradicional da cidade.

06 sep 2018 . Actualizado ás 17:08 h.

Chito Mallo, que en 1999 recolleu a testemuña do establecemento creado e xestionado polos seus pais, superou varios desafíos nestes anos, para, no 2015 promover unha reforma organizativa e estética que fixo posible o nacemento do actual recinto, moderno e dotado dos encantos necesarios para unha comida agradable. A selección do produto constitúe o primeiro filtro para, a continuación, concentrar os esforzos nunha elaboración coidada a fin de que o sabor natural de cada un dos ingredientes fagan unha combinación equilibrada. A cociña caseira de tempada, con receitas asentadas tras a experimentación de anos nos fogóns, engrandece pescados das rías, carne do interior de Galicia e produtos da horta chegados desde varias comarcas. Peixes e marisco, que se preparan ao momento, constitúen os principais reclamos do local, onde tamén se prepara con esmero a tenreira galega. Os chocos guisados, as luras de potera, lagostinos ao ajillo, os tacos de peixe sapo negro á brasa, o codillo con grelos ou o solombo con cogomelos case sempre están na carta. O equipo que encabeza Chito Mallo teno claro sobre as prioridades da súa proposta: respectar o sabor do produto e atender as demandas do cliente.