Propostas que cruzan fronteiras

A. MARTÍNEZ

CRÍTICAS GASTRONÓMICAS

cedida

En pleno paseo marítimo de Bouzas, en Vigo, abriu recentemente o restaurante A Tula, que ofrece pratos tradicionais pero, ao mesmo tempo, innova con receitas internacionais para animar aos consumidores a degustar sabores que se saen do cotián.

13 novs 2018 . Actualizado ás 17:32 h.

As propostas de Javier Salgado e de Bibiana López sorprenden ao comensal porque, xunto a unha caldereta de pescada do petisco atopámonos, por exemplo, cun Phad-Thai de carrillera e verduritas ou unha ensalada de de cuscús con curry e pito teriyaki. Esta orixinal mestura de culturas que impregna a súa carta é froito do que aprenderon viaxando por Asia e desexan compartir cos seus clientes. Probamos un pouco de todo e nada nos defrauda. A pescada do petisco é sinxelamente exquisita, cociñada no seu máximo punto de frescura cunha salsa acompañada por patacas e tirabeques. Recomendables son tamén as súas croquetas de marisco. Nótase que están feitas en casa polo seu sabor e textura. Mención á parte merecen as sobremesas. A súa proposta máis rompedora é o xeado que imita ao gin tónic, servido en copa con dados de gelatina, unha bóla de lima e rodajas de froita crujientes. Para os máis golosos, a torta de crema de queixo con marmelada ou o coulant de abelás e chocolate.

A Tula ten unha capacidade para 35 comensais e outros 40 na terraza. Comer aquí é unha boa forma de culminar un agradable paseo costeiro nun lugar de Vigo cun encanto especial.