Mandan a horta, a praza e o calendario

SABE BEN

Santi M. Amil

Ao responsable do local, Javier Nóvoa, gústanlle os guisantes. O concepto. Seguramente tamén aos clientes, díxose.

25 may 2018 . Actualizado ás 11:25 h.

A oferta do Amador axústase aos produtos de tempada, aínda que, no caso desta leguminosa, tómanse en consideración os beneficios da conxelación en momentos de abundancia e alta calidade. Javier controla a horta nun radio xeneroso e iso axuda co guisante, aínda que tamén con tomates e cebolas. Casa de guisos tradicionais, é un lugar onde se pode tomar unha xurela ao forno cando a praza o permite, chinchos fritos, zorza en tempo de frío e matanzas, caza, lamprea cando o suxire o calendario, cordeiro, ou congro, naturalmente con guisantes. A oferta ten dúas das súas bandeiras no bacallau e os grelos gratinados, clásicos de todos os días, como o é o cocido cando o termómetro aconsella presentar ese prato á clientela, que aquí busca sabores de sempre.

Santi M. Amil

Por situarnos, quédese o lector con que en 1911, ano arriba ou abaixo, a avoa de Javier ofrecía na súa tasquiña ?limitada á actual entrada? ovos cocidos, sardiñas e licor café a quen no exterior xogaban á chave. Anada que desde os sesenta, Amador, o pai, gañou espazo e ampliou horizontes, despois de anos de experiencia en festas, aquí e alá, precursor cos seus modestos medios diso que agora chaman food trucks, entón máis comida e pouco camión. En 1998 chegou a terceira xeración. E aí segue.