A reivindicación do produto de interior

SABE BEN

.

Unha clara aposta polos produtos da terra. Un dos seus especialisdes é a costela de porco a baixa temperatura con salsa de boletus

12 abr 2018 . Actualizado ás 18:15 h.

Ao carón do pouco coñecido mosteiro de Xunqueira de Espadanedo hai un cuco hotelito de sete cuartos, construción moderna e equipamento óptimo, que non desentonaría trasplantado na zona puxante de calquera cidade. Ata aquí, ben, pero se ademais ten restaurante e cociñeiro, o panorama cambia de forma notable. Agustín Xusto Villarino (Xinzo, 1991) formouse no Centro Superior de Hostalería de Santiago. Sempre tivo claro que lle gustaban os fogóns e deixouse levar. Pasou do bilbaíno Guggenheim a Eivissa en cuestión de meses. De volta a casa, tras unha xenerosa rodaxe, no seu camiño cruzouse A Churra, ata entón máis hotel que outra cousa, cando o dono o levou un día para que preparase unha comida para invitados. Tan a gusto sentiuse que chamou á mesma porta, cando se expuxo abrir negocio propio. Un acordo, un apertón de mans e así arrincou no verán do 2017. Ten clara a aposta polos produtos da terra e por iso, na súa primeira carta inclinouse para os pratos principais polas carrilleras de tenreira, aquí adornada con espuma de pataca, paletilla de cordeiro asada a baixa temperatura e costela deses porcos que crecen criados con castañas. Quen non queiran carne atoparán unha pescada clásica con allada, aínda que postos a buscar o contrapunto a súa primeira aposta é o bacallau ao pil pil, noutra clara chiscadela á despensa do interior.

A CHURRA. XUNQUEIRA DE ESPDANEDO. TELÉFONO 988 291501. A partir de 25 EUROS