Algas ao rescate dos mares

SABE BEN

As pezas escultóricas que Porto-Muíños presentou xunto a Atlántica Centro de Arte axitaron as conciencias dos asistentes ao Madrid Fusión, reclamando un planeta respectuoso co mar e unha cociña sostible.

04 feb 2018 . Actualizado ás 09:13 h.

Galicia vive do mar e o mar está ferido. Por iso, Galicia saíu ao rescate da súa propia alma en pleno congreso gastronómico Madrid Fusión. Non houbo mellor xeito que unha impactante iniciativa de Porto-Muíños, que se gañou o corazón da alta cociña internacional pola calidade dos seus produtos de algas e derivados.

 O compromiso é outro dos valores desta punjante firma galega. «Cada vez hai máis movementos concienciados co medio ambiente por parte de empresas, asociacións e grupos. Neste marco de responsabilidade social, entre as actividades de Porto-Muíños está cada vez máis o coidar o mar. Esta iniciativa xorde da idea de lanzar a mensaxe de que, entre todos,debemos coidar do mar. Trátase dunha mensaxe aberta e de todos, no que se poden incluír cociñeiros, empresas e todas as persoas que senten a responsabilidade de respectar o medio ambiente».explican desde a empresa galega.

DIMENSIÓN ARTÍSTICA

E esa mensaxe non puido ser máis directo, xa que, en colaboración con Atlántica Centro de Arte, situaron unhas esculturas que representaban peces que fora vítimas da contaminación do mar. O obxectivo era ofrecer unha dimensión artística á iniciativa para achegar un valor engadido.

Deste xeito, Porto-Muíños e Atlántica Centro de Arte colaboraron cun escultor comprometido con este tipo de causas, Emile Gireau, quen creou as esculturas con materiais recuperados do mar (desfeitos, plásticos, lixos…).

De seguro cumpriron coa súa vontade de concienciar sobre a importancia de non guindar desperdicios ao mar e espertar ao mesmo tempo o compromiso dos asistentes de manter o mar limpo. Aínda que puidese quedar nunha declaración de intencións, a iniciativa de Porto-Muíños vai máis aló. Continuará promovendo esta mensaxe, non só en futuras edicións de Madrid Fusión, senón tamén noutros eventos que se celebren ao longo do ano, incluídos os que teñan como sede Galicia. Sin duda, Porto-Muíños, Atlántica Centro de Arte e Emile Gireau foron varios dos nomes propios máis repetidos no arranque de Madrid Fusión.

O mundo merécese que os peixes deixen de morrer crendo que as anillas de plástico son alimento. Ou mesmo atrapados nelas.