Val dá Lenda 2016

SABE BEN

A etiqueta de mozas non impide que os bos viños de Amandi gañen con algo de tempo

12 ene 2018 . Actualizado ás 11:05 h.

A etiqueta de mozas é máis ben relativa para algúns tintos de Ribeira Sacra. Aínda que non pasen por barrica, a súa vixencia vai moito máis alá do ano posterior á vendima. Non só non perden cualidades, senón que mesmo gañan solidez a partir dese momento. A colleita do 2016 de Val dá Lenda entra agora en plenitude. Mantén o brillo e a franqueza de aromas da mocidade, pero adquiriu madurez na boca. Mencía con autoestima, sabedor de que o camiño non é imitar a outros.