Relax, descanso e luxo en terra de viños

C.Ou. Bouza

SABE BEN

Álvaro Vaqueiro

No ribeiro alto, a tan só 6 quilómetros do Carballiño e poucos máis de Leiro, o hotel Vilamoure ofrece relax, descanso, aventura e a posibilidade de gozar do mundo do viño. José Luís Fernández e o seu irmán Isaac queren sacar do ostracismo á súa terra e, con este pequeno establecemento no rural, pór á súa aldea no mapa do turismo de natureza, que non ten porque estar exento do luxo.

03 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Temos pensado moitas veces escapadas a lugares afastados e dicimos que buscamos paz e contacto coa máis pura natureza. E cando atopamos a aldea de Vilamoure e o seu orixinal hotel, dámosnos/dámonos conta de que en Galicia todo é posible, ata un establecemento que, nunha pequena aldea, ofrécenos todo o que buscamos, e mesmo máis, noutros lugares. Luís Fernández, un empresario nado en Vilamoure, quixo pór ao seu pobo no mapa do turismo de natureza e tamén dese trato exclusivo que atopamos en poucos sitios. «A xente vén aquí a descansar -explica o propietario- a gozar do moito que nos ofrece esta terra, a esquecerse do mundo e, mesmo, a aburrirse. Eu quixen facer algo polo lugar no que nacín, e aínda que primeiro pensei nunha casa para pasar tempadas, despois pensei neste proxecto e construín un hotel con todas as comodidades, porque pasar uns días no medio rural non ten por que estar rifado co luxo nin con Internet, nin coa televisión... Aínda que teño que confesar que estiven tentado de suprimilos, pero comprendo que a xente hoxe quere estar conectada. Eu quixen facer algo diferente».

Un aloxamento exclusivo

En Galicia hai moitas casas rurais, establecementos espectaculares, hoteis orixinais e outros situados en recunchos incribles, pero un aloxamento de oito cuartos, con piscina climatizada, campo de golf de nove hoyos a moi poucos quilómetros, augas termais a tiro de pedra, pista de pádel e polideportiva é un lugar único. Situado, ademais, a escasos quilómetros de lugares tan emblemáticos como a Cidadela de San Cibrao de Lás, o mosteiro de Oseira ou as Caldas de Partovia, unha zona que permite múltiples posibilidades de practicar sendeirismo, e converte a Vilamoure nun hotel realmente exclusivo. «A tranquilidade dos que aquí se aloxan é un dos nosos principais obxectivos -dinos Luís Fernández- ata o punto de que temos unha cociñeira e unha carta con pratos tradicionais, soamente para os nosos clientes. Non temos o restaurante aberto ao público, porque iso influiría no silencio e alteraría a paz e tranquilidade do noso hotel».

Aberto todo o ano

Outra particularidade é que Vilamoure está aberto todo o ano «podemos pechar uns días por mantemento,-engade o propietario- pero aquí atoparannos sempre. E digo atoparannos, porque o meu irmán Isaac se encarga permanentemente do establecemento e eu, que xa estou abandonando outros negocios, cada vez veño máis, porque me gusta o contacto coa xente, escoitar as súas inquietudes e tamén as súas suxestións para mellorar. É unha bonita aventura que nos deu xa moitas satisfaccións este verán e que estou seguro daranos todo o ano. Por agora, con tan só uns meses en funcionamento, somos bastante descoñecidos».

a tan só dous quilómetros da saída de Maside na Autovía de Ourense a Santiago, facilita que sexa o destino preferido para os amantes da natureza, das actividades ao aire libre, de montar dacabalo, facer sendeirismo, visitar lugares próximos con bicicletas eléctricas ou, simplemente, gozar da tranquilidade do lugar. Tamén, e moi preto, están numerosas e prestixiosas adegas nas que se pode entrar en contacto cos viños do Ribeiro, acompañándoos da rica e variada gastronomía desta zona ourensá. E se desexan uns baños termais, o balneario de Partovia ou as termas de Ourense.