O recuncho peruano de Vigo cumpre un ano

MANU OTERO

SABE BEN

Óscar Vazquez

Todo o aprendido das grandes estrelas da comida española como os irmáns Roca ou Martín Berasategui, ademais do seu coñecemento da gastronomía de Perú, desde onde chegou ao Grove fai once anos, plásmao Juan Carlos Perret en Kero.

13 novs 2018 . Actualizado ás 18:32 h.

En pleno centro de Vigo, a súa criatura acaba de cumprir un ano dedicado en corpo e alma a achegar ás súas cada vez máis numerosos comensais unha fusión do sabor das receitas incas aderezado con materia prima 100 % galegas. No seu recuncho peruano hai cabida para todos os padais e petos. O seu menú Lima, unha proposta diaria elaborada a partir de produtos de tempada, é toda unha demostración da capacidade do seu equipo para elaborar os mellores ceviches cos produtos da lonxa local. Atrévese con todo, desde a robaliza ou o xurelo, ata o bacallau ou as navallas, que aprendeu a preparar desa forma no Can Roca. Tan exquisita como as súas receitas é a atención ao cliente, aos que explican todo sobre os ingredientes do prato e en que consiste, por exemplo, unha Causa Limeña. Un puré de pataca aderezado con zume de limón e froitos secos e un toque de queixo do Cebreiro. Ese é só un aperitivo mentres preparan a comanda nunha cociña aberta ao público. Carnes e peixes centran unha carta na que ofrecen 16 preparacións cuxo aderezo, a base de cilantro, leite de tigre, ají ou marisco; traslada ao comensal alén do charco, onde tamén as sobremesas son unha delicia.