Igor o «Ruso», o asasino de Teruel, xulgado dentro dunha cabina blindada

La Voz REDACCIÓN

ESPAÑA

ATLAS TV

O recluso, un dos máis perigosos de España, cumpre xa condena no cárcere de Teixeiro

28 ene 2020 . Actualizado ás 12:02 h.

Norbert Feher, coñecido como Igor, o Ruso, chegou á Audiencia Provincial de Teruel para ser xulgado polo tiroteo que causou feridas graves a dous veciños de Albalate del Arzobispo, na Comarca do baixo Aragón, o 5 de decembro de 2017, antes de que, o día 14, asasinase a tiros ao gandeiro José Luis Iranzo e a dous gardas civís preto desta localidade.

As medidas de seguridade dispostas na capital turolense «son acordes aos feitos que se están axuizando», polo que non son «excesivas», considerou Manuel Zapater, o seu avogado defensor, quen sinalou que «o panorama carcerario» de Feher «relativiza a contundencia das penas que se poidan impor nesta causa e outras pendentes», quen lembrou que xa foi condenado en Italia por outras mortes.

Tamén acudiu á vista oral o representante da Asociación Unificada da Garda Civil (AUGC) en Teruel, Cristóbal Soria, para «apoiar ás vítimas». Soria agarda que Feher saia condenado desta causa, pero non agarda «nada extraordinario», aínda que si querería que se aclarase que fixo Feher no intervalo de tempo entre o día 5 e o día 14.