Folga en Renfe na operación saída e retorno do Nadal

La Voz REDACCIÓN

ESPAÑA

M.MORALEJO

O paro foi convocado por CC.OO. para os próximos días 21 de decembro e 7 de xaneiro

11 dic 2018 . Actualizado ás 11:01 h.

A operación saída e retorno do Nadal en tren complícase. O sindicato CC.OO. convocou dúas xornadas de folga en Renfe  e Adif para os próximos días 21 de decembro e 7 de xaneiro

Estes paros súmanse ao que leste mesmo sindicato ten convocado entre os interventores dos trens este xoves, día 14. Tamén se engaden aos paros parciais aos que o Sindicato de Circulación chama a secundar aos controladores ferroviarios este xoves 13 e os días 21 e 28, segundo recolle Efe.

Desta forma, o día 21 de decembro, en plena operación saída de Nadal, coincidirán a folga de CC.OO. e os paros parciais do persoal de xestión da circulación.

No caso de CC.OO., coa súa convocatoria, protesta pola fata de xeración de emprego neto nas compañas ferroviarias públicas, segundo informa Efe. Trátase dunha reivindicación similar á do Sindicato de Circulación, que tamén reclama máis persoal para este colectivo dependente de Adif .