O Goberno planea reverter o decreto que facilitou a saída de empresas de Cataluña tras o 1-O

La Voz REDACCIÓN

ESPAÑA

Mariscal | EFE

Así o dixo esta mañá a vicepresidenta Carmen Calvo

11 oct 2018 . Actualizado ás 12:14 h.

O Goberno planea reverter o decreto que facilitou a saída de empresas de Cataluña tras o 1-O. Así o anunciou esta mañá a vicepresidenta Carmen Calvo durante unha entrevista en RAC1 . Ese decreto, aprobado polo Executivo de Rajoy, facilitaba que as empresas puidesen cambiar a súa sede social de xeito inmediato só coa aprobación por parte do seu consello de administración.

A número dous de Executivo de Sánchez explicou, informa Efe, que «o Goberno ten claro que hai que axudar a crear un marco de seguridade e estabilidade en Cataluña para que as empresas que se foron volvan e as que viñeron saiban que este Goberno de España vai traballar pola estabilidade». Lembrou que tras o 1-O «as empresas sentíronse inseguras cando o Parlament, a proposta do Govern, decidiu romper».  

Preguntada concretamente por se o Executivo vai reverter este decreto, Calvo respondeu que «absolutamente»: «Nós nisto non temos ningún problema, absolutamente ningún».

Con esta decisión de reverter o decreto, o Goberno pretende lanzar «a mensaxe ás empresas de que pola parte que lle corresponde vai soster non só o diálogo, senón unha relación leal e estable coas institucións catalás».