O Constitucional suspende a moción do Parlament que pide avanzar cara á independencia

EFE

ESPAÑA

EFE

O tribunal admite a trámite o primeiro recurso de inconstitucionalidade presentado polo Goberno

17 jul 2018 . Actualizado ás 16:03 h.

O Pleno do Tribunal Constitucional suspendeu hoxe a moción aprobada o pasado 5 de xullo no Parlament que reafirma «os obxectivos políticos» da resolución do 9 de novembro de 2015 para avanzar cara á independencia de Cataluña.

Fíxoo tras admitir a trámite o primeiro recurso de inconstitucionalidade presentado polo Goberno de Pedro Sánchez, avalado polo Consello de Estado, contra unha actuación do Parlament, neste caso a moción aprobada cos votos de JxCat, ERC e CUP.

O tribunal de garantías ditou unha providencia na que admite a trámite por unanimidade o recurso e suspende os apartados do 1 a 5 da moción da cámara catalá, como así o solicitou o Goberno.