Patxi López acepta entrar na Executiva de Pedro Sánchez

Europa Press

ESPAÑA

Kiko Huesca | Efe

O exlendakari vasco ocuparase da política territorial

15 jun 2017 . Actualizado ás 15:14 h.

O exlendakari vasco Patxi López aceptou a oferta para integrarse na Executiva do líder socialista, Pedro Sánchez, como encargado de Política Territorial. López rivalizou con Sánchez e Susana Díaz nas primarias á Secretaría Xeral e, unha semana despois desa votación, Sánchez ofreceulle entrar na súa dirección como encargado da política territorial. López pediu un tempo para reflexionar, pero finalmente aceptou a proposta.

O líder do PSOE tamén se comprometeu a integrar na Executiva Federal a persoas que apoiasen a candidatura de Díaz na campaña das primarias. Con todo, os afíns á dirixente andaluza non deron mostras de ter interese en estar no equipo de Sánchez, polo menos polo que se refire a personalidades destacadas.