O PSE desmárcase do PNV e dá a alcaldía a Bildu nun concello de Álava

La Voz

ELECCIÓNS 2020

O único concelleiro socialista de Samaniego outorga a alcaldía aos de Otegi

15 jun 2019 . Actualizado ás 11:06 h.

O único edil do PSE-EE no Concello alavés de Samaniego desmarcouse do acordo de gobernabilidade acadado entre o seu partido e PNV, e deu o seu voto a EH Bildu, que gobernará o municipio durante os próximos catro anos, informa Europa Press.

Nas eleccións municipais do pasado 26 de maio, o PNV foi o partido máis votado en Samaniego, localidade con 290 habitantes, e conseguiu 3 escanos, os mesmos que EH Bildu, mentres que os socialistas lograron un representante.

No pleno de constitución do Consistorio de Samaniego celebrado este sábado, o PSE-EE votou á candidata de EH Bildu á Alcaldía, Pili Garmendia, desempatando co seu voto o empate entre soberanistas e jeltzales.