Explora a repartición de votos en todas as seccións censales de Galicia ao detalle e os sete mapas das grandes cidades galegas

Manuel Varela
Mensaxes e comentarios a manuel.varela\lavoz.es
Laura Pracer
Belén Araujo
Óscar Ayerra

Os 313 concellos galegos deciden o seu futuro este domingo 26 de maio. A resaca do resultado nas xerais, o desgaste dos gobernos nas cidades e a elevada porcentaxe de indecisos debuxan un escenario con numerosas incógnitas, onde só parece clara a maioría absoluta de Abel Caballero. Fernández Lores tamén parte con vantaxe para lograr a súa primeira absoluta, mentres que no resto de cidades galegas serán necesarios pactos para a súa gobernabilidade.

O seguinte mapa permíteche explorar como se repartiu o voto nas seccións censales de toda Galicia no 2015. Nas cidades podes comprobar, case mazá a mazá, a porcentaxe de apoios que se levou cada un dos principais partidos. Utiliza o buscador para localizar con maior facilidade os concellos, desprázache co dedo (ou rato, en caso de usar computador) e usa os botóns de zoom ou a roda do rato para achegar ou afastar a imaxe. A cor co que aparece pintada a sección censal correspóndese co do partido máis votado alí.

A primeira imaxe por defecto no mapa mostra A Coruña. Desprázache e utiliza os botóns de zoom para explorar o resto da comunidade.

Este é o detalle municipio a municipio: 

Vigo

Abel Caballero pintou de vermello o mapa de Vigo no 2015. A súa aspiración este domingo será a de acadar os 21 concelleiros dun total de 27 e imporse nas únicas catro secciones onde os populares conseguiron superarlle.

A Coruña

De mostrar un mapa parecido ao de Vigo durante lustros, con Francisco Vázquez e Javier Losada como alcaldes, A Coruña comezou a dar protagonismo ao azul no 2011. No 2015 irrompeu a Marea Atlántica. Non só o fixo en María Pita, senón nos barrios que rodean ao centro da cidade, que seguiron fieis a Carlos Negreira.

Ourense

A vitoria na maioría de barrios ourensáns serviu a Jesús Vázquez para dar ao PP a súa única alcaldía nas sete grandes cidades. A Democracia Ourensá de Pérez Jácome foi segunda na urbe, pero primeira en 16 seccións.

Santiago

Barrios como Conxo ou Fontiñas déronlle a Martiño Noriega a alcaldía da capital galega. O centro histórico e a maioría de zonas rurais da cidade apostaron por Agustín Hernández.

Lugo

A zona da muralla, do mesmo xeito que nas xerais, decantouse polo PP de forma maioritaria, con porcentaxes de voto que superaron o 40 % en varias seccións censales. A porcentaxe a favor do PSOE aumenta conforme se afasta do centro.

Pontevedra

A única gran cidade en mans do BNG votou aos nacionalistas na maioría de seccións censales, logrando porcentaxes que superaron o 50 % das papeletas en varias zonas. No centro da cidade, só unha mazá resiste como popular, onde Lores quedou a menos de tres puntos de igualar ao PP.

Ferrol

Jorge Suárez converteuse en alcalde da cidade con só seis concelleiros e só gañar en catro secciones censales. Ferrol en Común chegou a distanciarse ata en 40 puntos do PP en varias mazás do centro da urbe.