Pontón pide aos mozos que voten «con rebeldía» ao BNG e «non se deixen levar pola cantinela do voto útil»

La Voz

ELECCIÓNS 2020

A portavoz nacional visitou un piso de estudantes universitarios en Santiago para coñecer as súas demandas xunto a Néstor Rego e Goretti Sanmartin

24 abr 2019 . Actualizado ás 15:57 h.

 A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apelou aos mozos a votar con «rebeldía» e con «ilusión» para conseguir que Galicia «teña voz propia en Madrid», e instoulles a «non deixarse levar pola cantinela do voto útil», ante uns partidos estatais que se acordan dos galegos para pedir o voto en eleccións.

Pontón achegouse neste mércores de campaña a un piso de estudantes universitarios en Santiago, para coñecer as súas demandas e escoitar as súas preocupacións. Estivo acompañada do candidato do BNG ao Congreso, Néstor Rego e a candidata ás municipais na cidade, Goretti Sanmartin.

Pontón animou aos mozos a votar «con ilusión» para devolver «unha voz a Galicia nun momento clave», consciente de que existe «un voto rebelde que non se vai deixar levar pola política do medo, con moita xente xoven que quere votar con ilusión e convicción e coa cabeza e o corazón neste país», porque «hai moito que gañar» se se confía nas «forzas e posibilidades» da comunidade galega.

Durante case unha hora, nunha sala presidida por unha bandeira arcoiris e con debuxos de Castelao e Son Goku, os estudantes universitarios explicaron as súas incertezas sobre o seu futuro laboral e o seu temor a ter que emigrar unha vez que acaben os seus estudos, pero tamén se queixaron dos altos prezos do transporte por tren ou en autobús, dos alugueiros ou dos escasos baremos das bolsas.

Pontón transmitiu o seu compromiso cos mozos «que son o presente, participando e decidindo para poñer en marcha o futuro do país» e pediulles votar «con rebeldía» e «non deixarse levar pola cantinela do voto útil», que supón «conformarse co mal menor», pero tamén a «non deixarse levar polo medo y a crispación» da dereita.

Unha «xuventude crítica, comprometida, que quere pelear por un futuro digno no seu país» reflexa tamén as políticas do BNG, sinalou, porque «Galicia é un país que para darlle oportunidades á xente xoven necesita cambios» para evitar «un futuro laboral en precario» ou «fóra» da súa comunidade, con máis bolsas e maior peso da renda «para que unha filla dun agricultor teña as mesmas oportunidades que a dun empresario».

Pontón mostrouse convencida de que se deixará sentir nunhas eleccións do 28 de abril que serán unha «oportunidade» para que «as cousas cambien a mellor» se se «opta por ter voz propia».

«Quen mejor que unha forza política propia para defender os intereses de Galicia», remarcou Pontón, para quen esta lexislatura demostrou que «as forzas estatais pasaron olímpicamente dos problemas dos galegos» e que «so veñen en campaña a pedir o voto con promesas e máis promesas», pero «sen solucións á hora da verdade», ante temas como a precariedade laboral ou os «prezos fóra de lugar do transporte».

Debate, «versión macarra» de «machos alfa» que «pasan de Galicia»

Precisamente, Ana Pontón valorou que o segundo debate televisivo entre os candidatos de PSOE , PP, Podemos e Cs foi unha «versión macarra» do día anterior, cos «machos alfa da política» utilizando «a violencia de xénero como un pim pam pum» e «mostrando que non son alternativa ni solución» para os problemas dos galegos.

Pontón incidiu en que no debate do martes de falou de Cataluña, País Vasco e Andalucía, do financiamento de Valencia , dos problemas do tren de Estremadura, dos de Canarias e Baleares.

En cambio, censurou que «non houbo nin unha soa palabra para Galicia», a pesar de que en dez anos «emigraron máis de 100.000 xóvenes, do retraso histórico nas infraestructuras» ou do risco de perda de postos nas electrointensivas.

«Neste debate, quenes máis gañamos fomos o BNG, que representamos alternativa ás forzas estatais y frente aos machos alfa da política que pasan de Galicia» e que «mostran paternalismo coas mulleres, que nno somos nais e esposas e non necesitamos esa tutelaxe», concluíu.

Pola súa banda, Goretti Sanmartín puxo en valor a reunión cos mozos como exemplo de «a sóa política de proximidade» para coñecer as preocupacións dos mozos, mentres que Néstor Rego reivindicou que «se confirma que hai uhna xuventude sensible ao que sucede, preocupada polo país e pola falta de expectativas laborais».

Rego animou aos mozos a «frear a forzas políticas que ameazan dereitos e liberdades», como Cidadáns e Vox, coas que o BNG se disputa a súa representación nas provincias da Coruña e Santiago e mostrouse «convencido de que será da man dos xóvenes como esto non suceda».