Así votou Galicia nas eleccións municipais do 2023: o mapa cos resultados rúa a rúa

Laura Pracer / Belén Araujo / M.Varela REDACCIÓN / LA VOZ

ELECCIÓNS 28M

MARCOS CREO

O PP logra vencer na maioría de seccións censales, superando o milleiro

20 feb 2024 . Actualizado ás 15:42 h.

As eleccións municipais deixaron unha vitoria xeral do Partido Popular en Galicia, con máis de medio millón de votos e un 38,4 % de voto (tiña un 33 %). Logrou imporse en 191 concellos, 56 por maioría absoluta, pero só unha cidade: Ferrol. Na cidade naval resultou ser a primeira forza en todas as seccións censales salvo unha de Caranza, onde o aínda alcalde e candidato socialista, Anxo Mato, obtivo o 38,2 % dos votos.

Nas máis de 2.000 seccións censales que dividiron Galicia este 28M, o PP gañou en 1.137, mentres que o PSOE o fixo en 669 e o BNG en 148. En cuarto lugar, Democracia Ourensá. O partido de Pérez Jácome imponse na gran maioría da cidade, fóra dun grupo de rúas no centro, con vitoria popular. Alternativa dos Veciños gana en todas as seccións censales de Oleiros , e Terra Galega fai o propio en Narón .

A ampla maioría absoluta de Abel Caballero en Vigo esténdese por toda a cidade, a excepción en dous barrios. O PP logra o seu mellor resultado en dúas das zonas con maior nivel de renda da cidade: xunto á praia de Canido, con case a metade dos votos, e na praza de Compostela. O PSdeG obtivo en Galicia 418.000 votos, máis de 82.000 na cidade olívica.  

Na Coruña, de novo son os socialistas quen se fan coa maior porción de territorio. O PP repite nos seus bastións do Ensanche e Linares Rivas, como fixera xa no 2019. O BNG conseguiu ser a forza máis votada nunha mazá do Barrio das Flores.

Santiago, unha das dúas cidades onde haberá cambio de alcalde -a expensas do que ocorra en Ourense-, a candidatura do popular Borja Verea imponse na maioría de seccións, mentres que o BNG de Goretti Sanmartín, futura rexedora, faino sobre todo nas do centro histórico. O socialista Sánchez Bugallo só retén dúas zonas, na contorna de San Lázaro e entre as rúas Berlín e Londres, en Fontiñas.

A candidata do PP en Lugo , Elena Candia, arrasa ao vencer en todas as seccións da cidade amurallada, o que se traduciu nunha contundente vitoria que lle brindou doce concelleiros, a un da maioría absoluta. Pontevedra repártese entre BNG e PP, formación que rematou na cabeza pero lonxe de acadar a maioría que lle permitiría gobernar.

Se non podes ver o mapa correctamente feixe click aquí.